« P A U L I Ñ A »

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada..., non deixa indiferente a ninguén.

 

No 2024, Pauliña presentaranos un novo traballo (o 4º da súa carreira) no que de seguro sorprenderá a propios e alleos como todo o que esta muller foinos amosando dende o seu primeiro traballo, e que a levará a percorrer as estradas cos seus músicos para amosar a tod@s porque é unha das bandas máis consolidadas da Galiza.

 

Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais da sua bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas das suas letras.

 

Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra: concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito, a música acompañouna, tamén: a tristura, a morriña de abandoar Galiza, a capacidade de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións.

 

Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo as maletas e voltou pra Galiza, pero desta vez non pra o seu coñecido Cambados, senón, ambiciosa, propúxose afincar uns anos en Compostela.

 

Inqueda como é ela, enseguida se fixo un oco no circuito musical que da vida a cidade, ese foco de efervescencia, que ela foi quen de aproveitar pra subirse a escearios, tanto sóa como acompañada, xunto a nomes como os de Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar.

 

As redes sociais comezaban a seguila cando a banda de rock-metal NAO albiscou nela pra unha colaboración no seu disco “Cartas no caderno” e tendéronlle a man subíndoa a escearios de grandes festivais, dándose a coñecer ao gran público.

 

A carreira desta gran voz galega comezaba a ser imparable, pero a súa vida era complexa pra poder adicarse por completo a música.

 

De Compostela por motivos laborais e sen descanso, púxo rumbo a Ourense (terra de afiadores, grandes compositores e licor café). Alí acolléronna coma se de unha filla se tratase.

 

Foi unha época dura, de cambios continuos de encontronazos internos contra ela mesma, e de toma de decisións, tales como o lanzamento do seu primeiro disco tan cheo de paixón, sentimento, vivenzas, sinceridade e dor.

 

Foi aquí cando a discográfica Xonix Records concédelle a firma dun contrato para sacar adiante este novo traballo que leva o nome de “De-Xeneración” (maio 2018), pra chegar a máis oídos, a máis puntos da Galiza que aínda non pisou.

 

No Nadal do 2018, lanza o EP “Decideu non ser de ninguén”, un EP con dous temas moi reivindicativos como ela é: por un lado, “Eu vin o mar chorar” onde colabora con ela Valtònyc, o rapeiro mallorquín que se atopa exiliado por mor da súa música de loita, e querendo así Pauliña, mostralo seu apoio a unha situación que considera inxusta, e, por outro lado, “Da vergonza”, un alegato contra a incomprensible sentenza da manada que tanto dou que falar.

 

Tras o gran éxito destes dous primeiros traballos discográficos, no 2019 métese de novo no estudio de gravación para plasmar en 10 cancións o seu novo traballo que sae a luz en marzo do 2020 e que leva por nome “A Malfalada”.

 

E 0 17 de maio do 2021, coincidindo co Día das Letras Galegas, ve a luz “Testemuñas” o seu terceiro longa duración no que colaboran grandes artistas galegos como Fosi de Labazada, Nee Barros, High Paw, O Leo i Arremecaghona e tamén internacionais, como os portuxeses Kumpania Algazarra.

 

Para estre proxecto musical que a cambadesa empredeu, sempre cara adiante, Pauliña, rodeouse dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enrriba das táboas, e que levan moitos concertos as súas costas, o que fai que conexión no esceario entre ela e a banda sexa total, e que esta se contaxie a todxs aqueles que se achegan os seus directos:

 

* Samuel Vila: Batería

* Lolo Arincón: Baixo

* Paco Montoto: Teclados e melódica

* Julián Gullón: Guitarra

Con un directo potente e demoledor, onde mesturan o country ca música folk, rock e blues, non deixan a ninguén indiferente, e as críticas recibidas destes dous primeiros traballos por parte do público e dos medios especializados así o demostran.

 

A banda comeza a súa andaina ao vivo o 9 de xuño do 2018 nun dos grandes festivais galegos: Ourenrock Sound 2018, e dende esa data, ata o día de hoxe o percorrido de Pauliña é imparable como así o demostra a súa traxectoria en dous anos:

 

- Lanzamento do seu primeiro traballo: "De-Xeneración", 500 copias esgotadas en 4 días.

- Presentación no Nadal do 2018 o EP "Decideu non ser de ninguén". Esgotado en 2 días.

- "Non é ficción", o seu primeiro videoclip: 30.091 reproduccións.

- "Eu vin o mar chorar", o seu segundo videoclip onde tivo a gran honra de traballar co rapeiro mallorquín Josep Vatònyc: 22.426 reproduccións.

- Máis de 200 concertos ao vivo por toda Galiza e España.

- Pauliña colaborou en traballos de grandes bandas e con artistas, non só galegas, senón tamén españolas como Boikot, Rozalém, NAO, Ruxe-Ruxe, etc.

- A rapazada galega escolleuna como gañadora do Cantalíngua 2019.

- Pauliña foi a encargada de facer a BSO da webserie gañadora do Carballo Interplay (o festival máis importante de toda España): "Sígueme".

- Saiu fora da Galiza: Madrid, Ciudad Real, Puertollano, Valencia, Sevilla, Cádiz,  onde tivo unha boísima acollida.

- Compartiu esceario con grandes nomes como: Guadi Galego, El Drogas, Talco, Eladio y los seres queridos, Ruxe-Ruxe, Ana Bacalhau, The Locos, Rebeliom do Inframundo, etc.

- Foi escollida por Galiciantunes como a banda da semán.

- A banda Boikot escolleuna para participar no seu proxecto “Alma Guerrera” en contra da violencia machista xunto a grandes nomes do panorama musical e do cine e a TV como: Rozalén, Beatriz Rico, Pupil.les, Viki La Fuente, Ira, Hesian, etc. Do vídeo deste proxecto lévanse xa máis de 1.082.110 reproducións, demostrando a importancia do mesmo.

- Seleccionada para participar no “Galicia Emerxe” polo AGADIC entre as 50 bandas e artistas galegos máis importantes do panorama musical galego.

- O 17 de maio, lanzamento do seu terceiro traballo de estudio “Testemuñas”.

- Presentación do seu videoclip “Remordementos” que está nominado o mellor videoclip dentro dos premios Mestre Mateo 2022.

- Seleccionada para participar na rede “Directos Xacobeo 21 en salas” polo Xacobeo 2021.

- Semifinalista nos Premios MIN 2021 na categoría “Mejor álbum en gallego”.

- A rapazada galega volta a escollea como gañadora do Cantalíngua 2021.

- Protagonista do videoclip “Espertei” da banda galega de metal Arrhythmia.

- Semifinalista nos Premios MIN 2022 na categoría “Mejor álbum en gallego”.

- Terceira clasificada no Cantalalíngua 2022.

- En el 2022 debuta como actriz, siendo co actor Manuel Manquiña, os protagonistas da película “O home e o can” do director premiado con 2 premios Goya, Ángel de la Cruz, onde, ademáis, interpreta o tema principal da película: “Tan Tan”.

- En outubro deste ano gaña o premio a mellor interpretación feminina no Festival de Cine de Madrid.

- En novembro publicase o novo disco de Los Chikos del Maiz: Yes Future, o cal inclúe o tema “El país del miedo” onde participa Pauliña ca  banda valenciana.

- E nominada para os premios Mestre Mateo 2023 da Academia Galega do Audiovisual nas categorías: mellor actriz principal e mellor videoclip.

- Gañadora do premio a mellor interpretación feminina de longametraxe na 31ª edición do Festival de Cine de Madrid.

- Colabora no tema “Como Elisa e Marcela” do último disco do artista Berlai.

- E a artista convidada no tema e videoclip de Eris MacKenzie “Xa sei”

- Gañadora do premio a mellor actriz secundaria no festival de cine de Fonfría

 

- Máis de un cento de reportaxes en medios escritos como Mondosonoro, Fugas, La Voz de Galicia, etc.

- Actuacións en varios programas de TV e máis de 50 entrevistas en emisoras de radio.

- Sold outs en lugares míticos como O Con do Moucho (Illa de Arousa) na súa despedida, Avante (Compostela), Krazzy Kray (Cambados), na Galiza, e tamén fora dela en Sala Nana (Ciudad Real), Krater Rock (Puertollano), Black Note (Valencia), etc.

 

As críticas que está recibindo por parte dos medios están a demostrar que Pauliña está xa asentada dentro da música galega, e a gran cantidade de concertos levados a cabo o ano pasado e os xa confirmados para o próximo demostran que xa non é unha promesa da música galega: é unha realidade, e que cada vez a segue  máis e máis público.

Crea tu propia página web con Webador